Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

J. F. Kennedy

Archivado en Presidentes de EE.UU • Fecha: 23-01-2005 04:57:21

Kennedy, John Fitzgerald (Brookline, Massachusetts, 1917-Dallas, Texas, 1963)


J.F.K (1917-1963)
Político estadounidense, trixésimo quinto presidente dos EE.UU de 1961 a1963. Figura mítica da recente historia política norteamericana polas circunstancias do seu asasinato e o seu propio carisma. Formado na universidade de Harvard, condecorado pola súa participación na Segunda Guerra Mundial, iniciou a súa carreira política nas filas do Partido Demócrata como deputado no Congreso en 1946. No ano 1952 foi elixido senador por Massachusetts. Oito anos despois convértese no candidato á presidencia máis mozo da historia dos EE.UU. Gañou as eleccións do 60 ao candidato republicano Richard Nixon por un estreito marxe.
Foi o primeiro presidente católico dos EE.UU e pretendeu darlle a súa presidencia un carácter renovador e reformista. Un dos primeiros obxectivos da súa administración foi incrementar as prestacións da Seguridade Social, aumentar o salario mínimo e o subsidio de desemprego e impulsar programas para desenvolver as áreas máis empobrecidas dos EE.UU.
Por medio da lei de Expansión Comercial, a administración Kennedy conseguiu estimular as exportacións, reducir a inflación e diminuír os custos empresariais. A cuestión racial foi un das claves do seu éxito electoral, mais as medidas tomadas no goberno como a incorporación de afroamericanos a responsabilidade na administración ou a protección para os actos das mobilizacións anti-racistas, non impediron que se estendera a vaga de violencia anti-racial, xa que as medidas para garantir o pleno recoñecemento dos dereitos civís da poboación negra foron rexeiadas polo Congreso.
A súa política exterior pretendía recuperar o prestixio dos EE.UU no mundo, no contexto da plena Guerra Fría. Inicio o programa Apolo para competir coa URSS na carreira espacial ao tempo que aumentou os presupostos militares.
A súa primeira actuación en política exterior foi un estruendoso fracaso. Aconsellado polos seus asesores, deu autorización á invasión de mercenarios cubanos contra o réxime castrista. O 17 de abril, o exército cubano derrotou na Baía Cochinos un continxente formado por 150 cubanos exiliados.
Outro eixe da súa política exterior foi lograr a unidade do bloque occidental fronte ao comunista. Baixo o seu mandato chegouse ao punto máis quente da Guerra Fria, a críse dos mísiles soviéticos instalados en Cuba (1962) e a primeira escalada na intervención dos EE.UU na Guerra do Vietnam. A resolución da crise dos mísiles mediante o acordo co primeiro secretario do PCUS e xefe de goberno soviético, Jruschov, ante o perigo da destrución mutúa, serviu para iniciar o camiño da distensión e a coexistencia pacífica que tivo o seu primeiro episodio na firma do Tratado de prohibición de probas nucleares non subterraneas (1963). O asasinato do presidente Kennedy o 22 de novembro de 1962, nunha visita oficial á cidade de Dallas, puxo fin a esta corta etapa, chea de esperanzas e contradicións.

Escrito por Eduardo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009